A Deputación mobiliza 427.000 euros para a cooperación con municipios e entidades da provincia de Ourense
Un total de 315.500 euros serán destinados a achegas para iniciativas empresariais, sociais, de enoturismo, deportivas e culturais.
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial vén de celebrar a súa sesión ordinaria semanal, onde se aprobou mobilizar un total de 426.954,8 euros para a cooperación con municipios e diversas entidades da provincia de Ourense.
Deste xeito, un total de 315.500 euros serán destinados a achegas para iniciativas empresariais, sociais, de enoturismo, deportivas e culturais. Así, a Asociación Ruta do Viño de Valdeorras recibirá 30.000 euros para un convenio colaborador de apoio á Ruta das Covas; Escena Sonora Producción Cultural S.L. recibirá 7.500 euros para a organización de "Xoldra Aguiar"; a Asociación de Empresarios do Polígono Barreiros obterá 15.000 euros para gastos de funcionamento, mesmo concepto polo que o Clúster da Pizarra de Galicia recibirá 60.000 euros.
Para a Copa Deputación, a delegación en Ourense da Federación de Fútbol recibirá 70.000 euros. A Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia percibirá 20.000 euros para gastos de funcionamento, mentres que a Fundación Ferias y Exposiciones de Ourense (Expourense), obterá 75.000 euros para a actuación "Tras Fondo", consistente na restauración dunha edificación auxiliar, mediante a consolidación da estructura e a envolvente da construción, na parte posterior do edificio principal. A Organización da "Arnoia SUP Challenge" de paddle surf e a da Proba OCR Xinzo obterán 15.000 euros cada unha para estas probas deportivas. A Asociación Cabalo Puzo do Lago percibirá 3.000 euros para os gastos de organización da XXXVI Festa do Cabalo. Por último, o Museo da Limia será beneficiario dunha axuda de 5.000 euros para realizar melloras no Museo Etnolóxico da Limia.
No que atinxe á cooperación cos municipios, a Xunta de Goberno asigna 111.454,8 euros, dos que 11.954,80 euros están destinados á conservación e mantemento de instalacións deportivas do Concello de Celanova, municipio que tamén obtén 12.100 euros para a adquisición e subministración de farois para a Festa da Ramallosa. O Concello da Peroxa disporá de 5.000 euros para o "Plan piloto de comunidades enerxéticas", mentres que o Concello de Bande recibirá 12.400 euros para o cofinanciamento dos proxectos de Forno-A Granxa e de mellora de camiños.
O Concello de Larouco recibirá unha achega de 50.000 euros para pavimentación e creación de pistas de petanca na contorna do pavillón municipal. Por último, o Concello de Riós será beneficiario dunha axuda provincial de 20.000 euros para reparacións e sinalización viaria en vías municipais deste municipio.
Por último, e a petición do Concello de A Teixeira, aprobouse o cambio de destino de 4.929,82 euros e de 7.887.02 euros correspondentes ao vixente Plan de Cooperación CooperOU.
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Vestibulum eu sem in magna dapibus viverra ac quis neque. In lacinia pharetra tellus quis gravida. Mauris vehicula metus nulla, et convallis nisi euismod auctor. Aliquam eu malesuada neque, sed lacinia felis. Proin facilisis elit dui, eget laoreet ipsum interdum et. Ut gravida mi sit amet lorem volutpat, rhoncus venenatis tellus porta. Sed nec sodales tellus. Aenean accumsan tempor lobortis.
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Vestibulum eu sem in magna dapibus viverra ac quis neque. In lacinia pharetra tellus quis gravida. Mauris vehicula metus nulla, et convallis nisi euismod auctor. Aliquam eu malesuada neque, sed lacinia felis. Proin facilisis elit dui, eget laoreet ipsum interdum et. Ut gravida mi sit amet lorem volutpat, rhoncus venenatis tellus porta. Sed nec sodales tellus. Aenean accumsan tempor lobortis.