Presentación das I Xornadas Formativas do Teatro Amador Galego.-

Compartir
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participa na presentación das I Xornadas Formativas do Teatro Amador Galego, organizadas pola Federación Teatral Afeccionada de Galicia (FeteaGal) co patrocinio da institución provincial. Na presentación destas xornadas, que se celebrarán entre o 14 e o 17 de abril en Ourense, Cea e Vilamarín, tamén estará o presidente de FeteaGal, David Vázquez e Manuela Casal, da Asociación Cultural Teatral Oreteiro.