O deputado de Cooperación, Pablo Pérez, intervén no acto simbólico de entrega do contedor de reciclaxe número 10.000 que suma Galicia nos últimos 5 anos. No acto tamén participará a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o delegado de Ecoembes en Galicia, Bruno de Llano. Estarán acompañados do delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén e o alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández.