O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visita a rodaxe de "La manzana de oro", filme dirixido por Jaime Chávarri co patrocinio da institución provincial. Estará acompañado, entre outros, do director e actores da película. Lugar: Pazo de Bentraces - rúa do Eiro, 9, Ourense. Intervención aberta aos medios ao final da visita, da que os medios gráficos poderán tomar imaxes e vídeo.