O presidente da Deputación, Manuel Baltar, inaugura a Xornada sobre Transparencia e Bo Goberno, acompañado do director da Fundación Democracia y Gobierno Local, Alfredo Galán. A xornada inclúe a presentación do Anuario de Transparencia do 2021 por parte da Valedora do Pobo de Galicia, María Dolores Fernández Galiño e o director do Anuario de Transparencia Local, Ramon Camp i Batalla (10,00 horas). Tamén están programadas as conferencias de José María Gimeno -catedrático de Derecho Administrativo da Universidade de Zaragoza-, Manuel Villoria -catedrático de Ciencia Política da Universidad Rey Juan Carlos- e Agustí Cerrillo i Martínez -catedrático de Derecho Administrativo da UOC-, así como unha mesa redonda moderada polo director da Área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Fernando Suárez, coa intervención do coordinador do Grupo de Datos Abiertos da FEMP, Roberto Magro e o CEO de SmartGov, Juan Manuel Roa. As xornadas están organizadas pola Deputación de Ourense e a Fundación Democracia y Gobierno Local.