O presidente da Deputación, Manuel Baltar, recolle o premio da Cultura Galega 2021 ao mosteiro de San Pedro de Rocas, recibido na modalidade de Patrimonio Cultural. O presidente da Xunta de Galicia en funcións, Alberto Núñez Feijóo, presidirá un acto no que tamén será premiado, entre outros, o ourensán Antón Pulido e que contará coa presenza do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o conselleiro de Cultura en funcións, Román Rodríguez; o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco. Lugar: Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporáneo (Santiago). Enviarase nota de prensa e fotografías do acto.