Presentación da exposición "O amante do papel".-

Compartir
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na rolda de prensa de presentación da exposición "O amante do papel", unha mostra con debuxos e gravados de Picasso, Rembrandt, Chagall ou Salvador Dalí que se inaugurará o xoves 12 de maio. Na presentación tamén estarán a comisaria da mostra, Rosario Sarmiento; o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, e o director do Centro Cultural Marcos Valcárcel, Francisco González.