O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa na presentación do XII Encontro Internacional de Poesía "Víctor Campio", organizado polo Círculo Poético Ourensán co apoio da administración provincial. No acto tamén intervirán o presidente do Círculo Poético Ourensán, José Ramón Fernández Morgade; a secretaria do Círculo Poético Ourensán, María González; a poeta mexicana Nadia Arce, e o xerente do Centro Comercial Ponte Vella, Marcos Vila.