O vicepresidente segundo da Deputación, Rosendo Fernández, participa na entrega de diplomas do curso 2021-2022 do Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense, impartida por Manuel Brañas e Carlos Castro nas especialidades de gaita, requinta, pito pastoril, instrumentos de percusión e instrumentos medievais. Ó remate do acto actuarán Vanesa Muela e Rodrigo Jarabo, cun repertorio de cancións tradicionais de Castela e León. Lugar: Salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel. (Entrada libre)