O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugura o evento "We're in! Mujeres en acción", proxecto de emprendemento dirixido a mulleres que será presentado a continuación pola profesora Elena Rivo e a presidenta da CEO, Marisol Novoa. O acto tamén contará coa intervención da deputada Luz Doporto e de emprendedoras ourensás.