Reunión do xurado das residencias literarias promovidas pola Deputación e a Residencia Literaria 1863.-

Compartir
O xurado das residencias literarias promovidas pola Deputación e a Residencia Literaria 1863 reúnese para seleccionar os autores ourensáns beneficiarios destas bolsas, entre tódolos que presentaron o seu proxecto. O xurado está composto por Chus Pato, Luís González Tosar e Xosé Benito Reza, actuando de secretaria, con voz pero sen voto, a directora da Residencia Literaria 1863, a poeta e xestora cultural Yolanda Castaño. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.