O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, intervén na presentación do XIII Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, o V Serán da Seitura e a Noite Celta de Manzaneda, que se celebrarán en Manzaneda o 30 e 31 de xullo. O vicepresidente estará acompañado polo alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, o director da estación de montaña de Manzaneda, Víctor Manuel Picos e polo director da Escola e a Real Banda de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo.