O deputado Pablo Pérez participa na presentación da XV edición do Certame Galego de Bandas de Música, que se celebrará o 3 e 4 de decembro no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova. Pérez estará acompañado polo alcalde de Celanova, Antonio Puga; o director do Agadic, Jacobo Sutil; e o presidente da Federación Galega de Bandas de Música Populares, Iván Estévez.