O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na rolda de prensa previa ao comezo da reunión da Comisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares da FEMP. Manuel Baltar estará acompañado polo presidente da Comisión e da Deputación de Jaén, Francisco Reyes; o vicepresidente da Comisión e titular da Deputación de Almería, Javier Aureliano García; e o secretario xeral da FEMP, Carlos Daniel Casares.