O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na presentación do Campionato de España de remo de longa distancia e do Campionato de España de remo de seleccións autonómicas, que se disputarán o fin de semana do 18 e 19 de febreiro en Castrelo de Miño. Manuel Baltar estará acompañado polo delegado da Xunta de Galicia, Gabriel Alén; o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; o vicepresidente da Federación Española de Remo, Ricardo Unzueta; o presidente da Federación Galega de Remo, José Luis Méndez; o director xeral de Caldaria, Javier Soto; e a presidenta do Club Náutico de Castrelo de Miño, Beatriz Alberte. Lugar: Paseo fluvial de Castrelo de Miño.