O presidente da Deputación, Manuel Baltar, presenta o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala en categoría cadete e xuvenil masculina, que se disputará do 2 ao 5 de marzo no Paco Paz e Os Remedios. Manuel Baltar estará acompañado polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán; e o tenente alcalde do Concello do Ourense, Armando Ojea. Lugar: Sala de prensa do Pazo Provincial.