O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asiste mañá en Madrid ao XI Pleno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que se celebra no Pazo Municipal de Congresos de Madrid. Neste encontro serán elixidos os novos órganos de goberno (Xunta de Goberno, Consello Territorial, presidente e vicepresidente) deste organismo e marcaranse as pautas para o traballo da FEMP ao longo dos próximos catro anos.