Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación dos resultados do Proxecto SILXE, de xeoloxía do Canón do Sil. O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a directora técnica de SILXE, Maruxa Pérez; e os alcaldes de Esgos, A Teixeira, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil, Mario Rodríguez, Miguel Cid, César Parente e Yolanda Jácome.