Presentación do 15º Concurso de Proxectos Tecnolóxicos

Compartir
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar o vindeiro martes, 3 de novembro, ás 12.00 horas, a presentación do 15º Concurso de Proxectos Tecnolóxicos. O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a directora da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo (Campus de Ourense), Ana Garriga Domínguez; e o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín.