.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da quinta edición da Andaina Solidaria en favor da Federación de Asociacións de Familiares e persoas con enfermidade mental (FEAFES). O acto contará coa presenza do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o segundo tenente de Alcalde do Concello de Nogueira de Ramuín, Raúl Soto; o concelleiro de Deportes de Nogueira de Ramuín, Manuel Pereira; e o representante de FEAFES, Félix Alonso.