.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" ás 11.00 horas, terá lugar a presentación do catálogo e da exposición do pintor e presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo. O acto contará coa presenza do artista; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director do Centro Cultural "Marcos Valcárcel", Francisco González Bouzán; e o comisario da mostra, Miguel Fernández-Cid.