.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinará o vindeiro luns, 18 de xaneiro, o convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia, o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), cooperativas orensanas asociadas (Coren), Ecolagunas S.L. e a Conferación Hidrográfica do Miño-Sil, de participación no proxecto europeo "Life Regenera Limia". A sinatura do convenio terá lugar na Subdelegación do Goberno en Ourense, no Salón do Trono.