Actuación da Real Banda de Gaitas na Copa do Rei

Compartir
.- A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense actuará o vindeiro domingo, 21 de febreiro, ás 19.00 horas, na cerimonia de clausura da Copa do Rei de Baloncesto que se celebrará no Coliseum da Coruña. A Real Banda de Gaitas acudirá nesta ocasión cunha formación de sesenta compoñentes e interpretará en coreografía as melodías Marcha do Entrenzado de Allariz, Muiñeira de Chantada e a Muiñeira da Ponte de Sampaio.