Presentación do I Congreso Nacional de Formación Regrada en Seguridade Privada

Compartir
.- Na Aula Progreso do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar o vindeiro luns, 7 de marzo, ás 10.00 horas, a presentación do primeiro Congreso Nacional de Formación Regrada en Seguridade Privada. O acto contará coa presenza do vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Jorge Pumar; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; e o director do congreso, Miguel Gawenda.