Entrega dos III Premios "Estatuto de Autonomía para Galicia" de debuxo e redacción escolar

Compartir
.- No Salón de Actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá mércores, 6 de abril, a entrega dos III Premios "Estatuto de Autonomía para Galicia" de debuxo e redacción escolar, que convoca a Deputación de Ourense. O lema desta terceira edición é "O Parlamento de Galicia, a nosa casa", nunha data, este ano, no que se conmemora o 35º aniversario do Estatuto de Autonomía para Galicia. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices.