Presentación do "I Rallymix Concello de Piñor"

Compartir
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar mañá mércores, 13 de abril, a presentación do "I Rallymix Concello de Piñor". O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral; o alcalde do Concello de Piñor, José Luis González; o impulsor do Rallymix, Iván Alonso; e o presidente da Escudería MixrallySports e director da carreira, Ignacio Davila.