Acto de entrega do Premio "Excelentia a la Cultura" 2016 á Real Banda de Gaitas

Compartir
.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recollerá mañá martes no Auditorio Nacional, en Madrid, (r/ Príncipe de Vergara, 146) o premio "Excelentia a la Cultura" 2016 que a Fundación Excelentia lle outorga á Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, un galardón que recoñece a traxectoria e os proxectos culturais máis destacados no ámbito da música e da cultura en España.