Día Mundial da Arte na Escola de Artes e Oficios

Compartir
.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da Escola de Artes e Oficios, Francisco González; e o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, visitarán a Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense, con motivo da celebración do Día Mundial da Arte. A escola permanecerá aberta ao público desde as 18.00 ata as 21.00 horas. Durante este tempo, alumnos de debuxo e pintura sacarán os seus caballetes á rúa e pintarán en directo, para achegar á sociedade ourensá o seu traballo.