Presentación da Declaración de Interese Turístico e Cultural da "Xuntanza Internacional de Gaiteiros"

Compartir
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar mañá martes, 26 de abril, a presentación da Declaración de evento de Interese Turístico e Cultural da "Xuntanza Internacional de Gaiteiros". O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da Escola Provincial de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo; e o alcalde do Concello de Monterrei, José Luis Suárez.