Presentación da exposición "Ourense é arte".-

Compartir
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da exposición de pintura "Ourense é arte", do artista Paco Ascón. O acto contará coa presenza do artista, do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; do director do Centro Cultural, Francisco González, e do asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar.