Na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá venres, 5 de maio, a presentación da aplicación de software para dispositivos móbiles e tabletas (APP) da Deputación de Ourense. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra, e o director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.