Presentación da Gala Solidaria "Simón González"

Compartir
.- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá mércores, 4 de maio, a presentación da Gala Solidaria en Simón González, deportista ourensán que foi trece veces campión mundial de Full Contact/Kick Boxing. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes, Bernardino González; o homenaxeado, Simón González; o Manager de Simón González, Carlos Conde, e o representante da Asociación Amigos de Simón González, Santiago Álvarez.