Inauguración da "ICC Week" 2016

Compartir
.- No Salón de Actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a inauguración da "ICC Week" 2016, coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o coordinador do Laboratorio de Patrimonio e Turismo Cultural da Universidade de Barcelona e director de Red Ibertur, Jordi Tresserras, quen ofrecerá un relatorio sobre "Turismo laranxa, cultura e creatividade para un novo concepto de turismo".