- Na sala de xuntas do Pazo Provincial, terá lugar mañá venres, 3 de xuño, a presentación da monografía sobre Santa Baia de Banga, e do número 14 da revista Porta da Aira. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente do Grupo Francisco de Moure, Miguel Ángel González; e o autor do libro, José Manuel García.