.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director xeral da "Vuelta a España", Javier Guillén, reuniranse na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda cos alcaldes ourensáns por cuxos municipios discorrerán as etapas da "Vuelta a España" 2016, para dar conta dos datos relativos ao percorrido, seguridade, organización e retorno económico. Previamente, entre ás 11.00 horas e as 12.00 horas celebrarase unha ruta cicloturista entre Pobra de Trives e Manzaneda, coa participación do exciclista profesional Óscar Pereiro.