.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá mércores, 22 de xuño, a presentación do catálogo e da exposición "A alegría da cor", do pintor José Ramón, quen faleceu a finais de 2015, cando estaba a rematar os preparativos desta mostra, que o Centro Cultural mantén coma homenaxe póstuma. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do Centro Cultural, Francisco González, e da viúva do artista, Teresa Agra.