.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá mércores, 29 de xuño, a presentación do concerto de despedida do grupo ourensán "Los Suaves". No acto participará o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; os integrantes do grupo musical; o manager do grupo, Pablo Rodríguez; e o produtor do concerto, Enrique Granda.