Reunión do Consello Termal Ourensá

Compartir
.- O Consello Termal Ourensá reunirase o vindeiro luns, 11 de xullo, acto no que participará o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o director do Plan Termal, Mario Crecente; o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín; o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez; e o director técnico de Eurocidade Chaves-Verín, Pablo Rivera. A reunión celebrarase en Lobios Caldaria Hotel Balneario (Riocaldo s/n – Lobios).