Gala "Ourense con Ecuador".

Compartir
- No Teatro Principal da Deputación de Ourense terá lugar a gala solidaria en favor de Ecuador "Ourense con Ecuador", que organiza a Deputación de Ourense, o Bispado de Ourense, e o xornal "La Región". A gala será presentada por Xosé Manuel Piñeiro e Tamara Pérez; e participarán artistas como: Emilio Rúa, a Real Banda de Gaitas, María do Ceo, a Coral de Ruada, Priscila, Lucía Pérez, Vizcaino, Pepe Capelán, Daniel Minimalia, Alejandro Abad e o coro do Colexio Padre Feijoo-Zorelle. O prezo da entrada é de 6 euros.