.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistirá mañá mércores, 13 de xullo, á entrega á familia de Estanislao Reverter do título de "fillo predilecto" da cidade de Ourense a título póstumo, acto que se celebrará, ás 12.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Ourense. Posteriormente, ás 13.30 horas, nun acto aberto ao público, procederase ao descubrimento da placa no xardín que levará o nome de Estanislao Reverter na rúa Concello.