Presentación da "Subida a Cortegada"

Compartir
.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar mañá venres, 15 de xullo, a presentación da "Subida a Cortegada". O acto contará coa participación do deputado provincial, Pablo Pérez; do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; do alcalde do Concello de Cortegada, Avelino de Francisco Martínez; da concelleira de Cultura de Cortegada, Begoña Estévez; da piloto, Ángela Vilariño; da presidenta da Escudaría CDB, Ana María Domínguez; e do presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral.