Axenda

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, asiste á segunda edición de "O viño un compañeiro de vida". Na Igrexa de San Roque de Beade.

O deputado provincial Jorge Pumar, asiste á procesión e á misa pola festividade de Santiago Apóstolo. Na Igrexa parroquial de Santiago das Caldas – A Ponte.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á misa en lembranza de Rosalía de Castro. No templo de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.

A corporación provincial celebra o pleno ordinario correspondente ao mes de xullo. No Salón de Plenos e a través de internet (depourense.seneca.tv/lives). 

O director da Área de Cultura da Deputación, Marcos Vázquez, asiste ao acto de entrega das Medallas de Galicia 2024. No Museo Centro Gaiás – Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.

O presidente da Deputación, Luis Menor, asiste ao concerto de Luz Casal que se organiza no marco da III edición do ciclo "Rock entre Pedra e Poesía". No claustro do Mosteiro de San Salvador en Celanova.

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación do XV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas. Na sala de prensa do Pazo Provincial.

O presidente provincial, Luis Menor, asina os convenios de colaboración cos alcaldes e alcaldesas de Toén, Cartelle, Lobios, Amoeiro, Trives e Arnoia, para a construción e mellora dos campos de fútbol. No Pazo Provincial. 

O presidente provincial, Luis Menor, preside a reunión da Xunta de Goberno. Na sala de xuntas da Deputación. 

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste ao partido de fútbol do I Memorial Miguel Ángel. No Estadio do Couto.

O deputado de Medio Ambiente, Jose María Lago, participa na inauguración do 3º Encontro Ibérico de Fluídos Supercríticos. No Centro Cultural Marcos Valcárcel.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na presentación da X edición do Festival Hércules Brass 2024. No Mosteiro de San Salvador en Celanova.

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na Xunta Reitora da UNED. Na sala de xuntas do Pazo Provincial.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participa no acto literario-musical da XVI Festa da Palabra na Insua dos Poetas (A Esgueva, Madarnás, O Carballiño).

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na presentación de "Xoldra de Aguiar". Na delegación da Xunta en Ourense.

A deputada provincial Patricia Torres, asiste á presentación do Cartel da Festa do Pulpo 2024. No Concello do Carballiño.

O deputado provincial de Dinamización do Medio Rural, Xosé María Pérez, asiste ao comité de valoración do Concurso de proxectos empresariais "Semente Ribeira Sacra". No Instituto de Educación Secundaria Río Cabe (Monforte de Lemos).

O deputado provincial de Dinamización do Medio Rural, Xosé María Pérez, asiste ao acto de graduación da Escola Superior de Enxeñaría Informática. No Salón Marie Curie do edificio politécnico do Campus de Ourense.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste ao acto de entrega dos premios da XXVIII Cata dos Viños da Ribeira Sacra. No Centro do Viño da Ribeira Sacra en Monforte de Lemos.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participa na inauguración da 40ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Na Igrexa da Madalena.