Axenda

O presidente provincial, Luis Menor, participa xunto á conselleira de Medio Rural, María José Gómez, no acto de entrega de tractores a diversos concellos da provincia. 

Parque de maquinaria da Deputación (San Cibrao das Viñas)

O presidente provincial, Luis Menor, preside a sesión ordinaria semanal da Xunta de Goberno. 

Sala de Xuntas do Pazo Provincial

O presidente provincial, Luis Menor, ofrece unha rolda de prensa para dar conta dos asuntos adoptados na sesión ordinaria semanal da Xunta de Goberno. 

Na sala de prensa do Pazo Provincial

O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, asiste á presentación do documental “Ramón Otero Pedrayo. Dereito á paisaxe”.

No Centro Ramón Piñeiro (Santiago de Compostela)

O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, participa na entrega de medallas do Campionato Galego de Piragüismo K4/C4. 

No Náutico de Castrelo de Miño

O deputado provincial José María Lago asiste ao partido que disputarán a Unión Deportiva Ourense e o Burgos Club de Fútbol promesas.

Estadio José Arjiz de Verín.

O presidente provincial, Luis Menor, visita xunto ao conselleiro de Emprego, José González, a praza de abastos de Xinzo. 

Xinzo de Limia

O presidente provincial, Luis Menor, asiste á XVII Festa do Codillo da Rúa. 

Pavillón Municipal do Aguillón

O presidente provincial, Luis Menor, asiste ao partido que disputarán o Club Ourense Baloncesto SAD e o Flexicar Fuenlabrada.

Pazo dos Deportes Paco Paz

A corporación provincial celebra o pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro. 

Salón de Plenos do Pazo Provincial

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na celebración na honra de San Brais, organizada pola Asociación de Veciños As Laxas.

As Curuxeiras (Ourense)

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participa na rolda de prensa de presentación do proxecto Escola de Pastores, promovida pola Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (OVICA) en colaboración coa Deputación a través do Inorde. 

No Centro Agrogandeiro de Xinzo de Limia

O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández, participa na rolda de prensa da presentación do novo número da Revista Raigame. 

Na sala de prensa do Pazo Provincial

A vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa, participa no acto académico da festividade de San Tomé de Aquino. 

No salón de Actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus de Vigo

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, manterá un encontro de traballo coa directiva da Fundación Florencio Gurriarán. Na Casa Grande de Viloira.

Na Casa Grande de Viloira

A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, asistirá á presentación do informe sobre Exclusión e Desenvolvemento Social en Galicia. 

Na sede da Valedora do Pobo, en Santiago

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, manterá un encontro de traballo con membros da directiva da Ruta do Viño de Valdeorras. 


 

Na Casa Grande de Viloira

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reunirase co presidente do Centro Comercial Aberto de O Barco, Jacobo Arias. 

Na Casa Grande de Viloira

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa no acto de entrega do cheque coa recadación obtida no partido benéfico a favor da Asociación Española contra o Cancro. 

No campo municipal de Oira.

A deputada provincial de Política Social, Patricia Torres, asiste á xuntanza provincial da Rede Municipalista Solidaria, organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

No Centro Cultural Marcos Valcárcel