O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asiste á saída da 17ª etapa de “La Vuelta” que comeza no Barco de Valdeorras e remata no Alto de El Morredero (Bierzo, León).
Axenda
O presidente provincial, Luis Menor, preside a Xunta de Goberno semanal na Deputación de Ourense.
O presidente da Deputación, Luis Menor, asiste ao pleno do Parlamento de Galicia no que comparece o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para dar conta da xestión da Administración Autonómica en relación da vaga de incendios forestais rexistrada este verán en Galicia.
O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, participa na presentación do novo deseño do premio Calpurnia, o máximo galardón do OUFF.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á misa e procesión con motivo do día grande de Nosa Señora dos Milagros.
A deputada de Mocidade, Teresa Barge, asiste ao acto de benvida do curso académico na Facultade de Ciencias Empresais e Turismo.
O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, participa no acto de entrega do XLI Premio Celanova Casa dos Poetas.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste ao partido que disputarán a Unión Deportiva Ourense e o Valladolid Promesas.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na entrega de premios do XIII Trofeo Memorial Manolo Carrera.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste ao 50º aniversario do descubrimento do campamento romano Aquis Querquennis.
O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, asiste á inauguración do céspede artificial do campo de fútbol “Pau rañado”.
O deputado de Dinamización do Medio Rural, Xosé Miguel Pérez Blecua, participa na Festa do Cordeiro.
O director da Área de Cultura, Marcos Vázquez, asiste á gala de clausura do Festival Internacional de Curtas de Comedia RiR.
O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participa na inauguración da Feira Alimagro.
O vicepresidente segundo e deputado provincial de Cultura, César Fernández, participa na rolda de prensa de presentación do Our Fest 2025.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na presentación do Auto Salón Nipón Ourense.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na rolda de prensa de presentación da XIV Festa de Exaltación do Porco ao Espeto.
O presidente provincial, Luis Menor, visita a sede da Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense (ATAVE).
O vicepresidente segundo e deputado provincial de Cultura, César Fernández, participa na rolda de prensa de presentación do Arenteiro Fotográfico 2025
Reunión semanal ordinaria da Xunta de Goberno, presidida polo presidente provincial, Luis Menor.