Axenda

A vicepresidenta primeira, Marta Novoa, participa no “Foro de Innovación y Tecnología: Galicia en la era digital”. 

Tecnópole

O presidente provincial, Luis Menor, visita a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense, acompañado polo reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; o vicerreitor do Campus, Francisco Javier Rodríguez Rajo e o decano da facultade, Jesús Vázquez. 

Facultade de Empresariais e Turismo

O presidente provincial, Luis Menor, manterá un encontro co subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos. 

Subdelegación do Goberno en Ourense

O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, recibe a unha promoción de alumnos do Instituto Gallego Hispano Argentino Santiago Apóstol de Buenos Aires, que se atopa de viaxe de estudos en Galicia. No Pazo Provincial. 


 

Pazo Provincial

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste á visita guiada inaugural da exposición “Picasso protagonista. Viñetas no cómic español contemporáneo”. Na Sala de Exposicións Afundación (Praza Maior, 4).

Sala de Exposicións Afundación

O presidente provincial, Luis Menor, participa na inauguración da mostra “Making movies” do OUFF. 

Centro Cultural Marcos Valcárcel

O deputado Rosendo Fernández asiste á presentación da II Carreira Solidaria da Garda Civil de Ourense "Pilar 2025". 

 

Explanada da capela de Nosa Señora dos Remedios.

O presidente provincial, Luis Menor, participa na rolda de prensa de presentación da 26ª Semana Abanca.

Centro Cultural Marcos Valcárcel

O presidente provincial, Luis Menor, realiza unha visita ao campo de fútbol de herba sintética A Moreira. 

Xinzo de Limia

O deputado provincial Jorge Pumar asiste ao partido entre o Ourense CF e o Zamora CF. 


 

Estadio de O Couto

O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, participa na presentación do nº 52 da Revista Raigame. 

Na sala de prensa do Centro Cultural “Marcos Valcárcel”.

O presidente provincial, Luis Menor, ofrece unha rolda de prensa para dar conta dos asuntos aprobados en Xunta de Goberno. 

Na sala de prensa do Pazo Provincial.

O asesor de Deportes da Deputación, Quique Álvarez, participa na presentación da 39ª edición do Día da Bici. 

Na sala de prensa do Centro Cultural “Marcos Valcárcel”.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na rolda de prensa da presentación da IV edición do Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia que se celebrará na Ribeira Sacra os días 20 e 21 de outubro. 

Sala de prensa do Centro Cultural Marcos Valcárcel

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participa na presentación da V edición da Ribeira Sacra Cycling Road. 

No Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos).

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asiste ao partido de presentación do Club Feminino de Rosalía. 

Campo de fútbol de Oira

O deputado de Deportes e vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, asiste á entrega de trofeos da Travesión EuNadoPorEles solidaria a nado NON-STOP. 

Na praza do Hotel Balneario Laias Caldaria.

A deputada delegada de Valdeorras, María del Carmen González, asiste á entrega de premios da XXXVII Milla Urbana Festa do Cristo 2025. 

No parque do Malecón do Barco.

O deputado provincial Manuel Seoane, participa na entrega da gala dos Premios Amoeiro que recoñecen a persoas destacadas en áreas como arte, cultura, deportes, educación, así como a persoal de educación, alumnado sobresaínte e cidadanía cun impacto positivo na comunidade.

No campo do Souto de Amoeiro.

O presidente provincial, Luis Menor, participa na XIV edición da Festa de Exaltación de Porco ó Espeto da Merca, que organiza a asociación “A Peneda da Lebre” e que conta coa colaboración da Deputación.

Pavillón municipal de A Merca