Axenda

O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández, participa na presentación da Sección Oficial e do catálogo do OUFF. 

Centro Cultural Marcos Valcárcel

Reunión ordinaria semanal da Xunta de Goberno, presidida polo presidente provincial, Luis Menor.

Sala de Xuntas do Pazo Provincial

O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participa na saída da 1ª etapa da Vía da Prata que promove a Deputación. 

Saída desde a Ponte Romana

O deputado provincial Jorge Pumar participa na saída do 39ª Día da Bici.  A entrega de premios está prevista a partires das 13.30 horas.

Saída desde a Alameda (rúa Progreso)

O deputado provincial Jorge Pumar asiste ao partido que disputarán a Unión Deportiva Ourense contra o Marino de Luanco. 

Estadio do Couto

O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, asiste á X Copa Deputación de Equitación – Doma Clásica. 

Hipódromo da Antela (Xinzo de Limia)

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa no Paseo pola Saúde. 

Saída desde a Ponte Romana

A deputada de Política Social, Patricia Torres, asiste ao XXI Encontro Provincial de Voluntariado de Cruz Vermella. 

Auditorio Municipal do Carballiño

O presidente provincial, Luis Menor, visita o IV Festival Céltico – Homenaxe ao Druida de San Amaro. 

San Amaro

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández participa nas Xornadas Rural SocialTech, de innovación e economía social, que se celebran en San Xoán de Río. 

Casa do Concello de San Xoán de Río

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa na III Festa da Tenreira de San Xoán de Río.

No pavillón municipal de San Xoán de Río

O presidente provincial, Luis Menor, participa na cena anual da A Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense (ATAVE). 

Expourense

O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernandez, participa no I Congreso de Turismo de Embalses de España, organizado por Femembalses. 

A Fonsagrada (Lugo)

O presidente provincial, Luis Menor, participa no acto de recoñecementos do Día da Merced, patroa das institucións penitenciarias. 

Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar

O deputado de Medio Ambiente, José María Lago, participa no V Paseo da Saúde por Barbadás. 

Desde A Valenzá

O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, participa na inauguración da exposición do XVIII Certame de Artes Plásticas. 

Centro Cultural Marcos Valcárcel

O presidente provincial, Luis Menor, participa no acto de entrega das becas a deportistas individuais que outorga a Deputación. 

Pazo de San Damián (Amoeiro)

A vicepresidenta primeira, Marta Novoa, participa no “Foro de Innovación y Tecnología: Galicia en la era digital”. 

Tecnópole

O presidente provincial, Luis Menor, visita a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense, acompañado polo reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; o vicerreitor do Campus, Francisco Javier Rodríguez Rajo e o decano da facultade, Jesús Vázquez. 

Facultade de Empresariais e Turismo

O presidente provincial, Luis Menor, manterá un encontro co subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos. 

Subdelegación do Goberno en Ourense