Axenda

O director da Área de Cultura, Marcos Vázquez, participa na rolda de prensa do Festival Ou Yeah! previa ao concerto de Luz Casal. 

No Pazo Paco Paz.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, recibe ao gobernador do Club Rotary, Joaquín Sánchez Cots.

Na sala de xuntas da Deputación. 

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, asiste ao consello reitor da EGAP. 

Por videoconferencia.

O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participa na clausura do II Congreso Internacional de Xestión da Balneoterapia. 

Na aula magna da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense.

O presidente provincial, Luis Menor, recibe a unha delegación de dirixentes públicos de Ucraína, no marco do proxecto TIPS4UA, no que participa a Deputación de Ourense a través do Inorde. 

Na sala de xuntas do Pazo Provincial. 

O director da Área de Cultura, Marcos Vázquez, participa na presentación dos III Estudos Abertos de Ourense.

Na Galería Visol.

O presidente provincial, Luis Menor, participa na inauguración do II Congreso Internacional de Xestión da Balneoterapia. 

Na aula magna da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense. 

A deputada de Política Social, Patricia Torres, participa na presentación da XIX Mostra Teatro Amador "Terras do Orcellón". 

No Concello do Carballiño.

A deputada de Política Social, Patricia Torres, participa na presentación do V Rally Comarca do Carballiño. 

Na praza maior do Carballiño.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa nunha xornada sobre Edadismo titulada “Unha mirada integral ao edadismo” e organizada polo Colexio Oficial de Enfermaría de Ourense. 

No Centro Cultural Marcos Valcárcel.

O presidente provincial, Luis Menor, participa na homenaxe que se lle renderá a Marita Souto no marco do II Congreso Internacional de Xestión da Balneoterapia. 

Na Biblioteca Universitaria Rosalía de Castro do Campus Sur de Ourense. 

O presidente da Deputación, Luis Menor, comparece en rolda de prensa para dar conta dos asuntos aprobados en Xunta de Goberno. 

 

Na sala de prensa do Pazo Provincial E Vía streaming: https://youtube.com/live/xfACv3m-NVw

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, recibe a alumnado do Colexio Santiago Apóstol de Bo Aires (Arxentina). 

No salón de plenos do Pazo Provincial.

A vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, preside unha reunión técnica para abordar cos concellos da provincia o desenvolvemento do Plan Cooperou. 

No Centro Cultural Marcos Valcárcel

O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participa na rolda de prensa da 24ª edición de Termatalia. 

En Expourense.

O presidente provincial, Luis Menor, e o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, asisten ao acto de presentación do nº22 da revista “Nós, a xente do redor”. 

Na Casa Museo Otero Pedrayo (Trasalba, Amoeiro). 

O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participa na entrega de premios do 40º Día da Bici. 

Na rúa do Progreso, fronte á Alameda.

A deputada de Política Social, Patricia Torres, participa na entrega de premios da II Travesía EuNadoPorEles. 

 

No Balneario de Laias Caldaria (Cenlle).

O deputado de Medio Ambiente, José María Lago, asiste ao Encontro de Voluntariado de Cruz Vermella Ourense.

Auditorio de Verín

O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, asiste aos actos conmemorativos do XXV Aniversario da Federación de Razas Autóctonas de Galicia. 

No Pazo de Fontefiz (Coles).