Acto de entrega do XIV Premio "Pura e Dora Vázquez".

Compartir
- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidirá o acto de entrega do XIV Premio de narración e ilustración infantil e xuvenil "Pura e Dora Vázquez", no colexio público Ben Cho Shey de Pereiro de Aguiar. O gañador desta edición na modalidade de narración foi o escritor Antonio Yáñez Casal, coa obra Do meu nome e outras trapalladas, mentres que na modalidade de ilustración a galardoada foi María Díaz Serantes.