.- No salón de actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá xoves, 28 de xullo, o acto final da campaña de compostaxe doméstica "Ourense Composta". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez; do presidente de Sogama, Javier Domínguez; e das técnicos de Ancaria, Dolores Dios e Mayra Moure.