O deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, asistirá ao acto literario "Vixencia de Eduardo Blanco Amor, no 120 aniversario do seu nacemento", que organiza o Liceo de Ourense e o Centro-Pen Galicia. No acto, que terá lugar na sala de Tertulia do Liceo de Ourense, participarán Maribel Outeiriño, Afonso V. Monxardín, Luís González Tosar e un grupo do alumnos do I.E.S. Blanco Amor de Ourense.